lunes, 19 de mayo de 2008

¡Qué boa festa!

O pasado sábado tivo lugar o I Encontro Chilindrín. Esta primeira xuntanza da xuventude celeirense consisteu nunha cea baile organizada no Restaurante Louzao con curiosos sorteos incluidos, na que reinou un moi bo ambiente e á que asistiron nada máis e nada menos que 164 mozos e mozas.

Esta primeira experiencia, da cal “a priori” descoñeciamos que resposta puidese ter, resultou en termos xerais moi gratificante e dende logo que nos animou a poder repetila no futuro.

Un saúdo e moitas grazas.

1 comentario:

Unknown dijo...

Como contactamos con vos? Escala Drinker de Ribadeo. Correo atalaia_asoc@yahoo.es