domingo, 4 de mayo de 2008

Convivencia social e deportiva

O deporte foi o nexo de unión dunha convivencia social que promoveron as asociacións S.C.D.R. Palestina de Burela, e Colectivo Chilindrín de Celeiro, auspiciado por ambos Concellos e coa Fundación de Discapacitados Psíquicos de A Mariña e as asociacións Camiña e Aspanane, e que se celebrou o pasado sábado 3 de Maio.

Esta iniciativa xurdeu tralo éxito das desarrolladas con anterioridade nos últimos anos coa Fundación de Discapacitados da Mariña. Como ben explica o compañeiro “palestino” Tontxo Trilles “dende o primeiro ano quedamos alucinados cos rapaces, foi como unha cura de humildade, unha lección de compañerismo”.

O programa comezou cun partido de fútbol sala ás 12 do mediodía, seguido dun almorzó nun restaurante de Burela, para logo visitar as instalacións da fundación e despois o centenar de visitantes á xornada quedar invitados a ver o partido que ese día xogaba o Burela FS contra o Ibiza.

A unión da vertente social e deportiva da iniciativa foi destacada por Neves Cando, incidindo na doble vertente: “Combinar o gusto polo fútbol sala e fomentar a afición, por unha banda; e por outro lado que poidan ver o traballo que desenvolve a asociación na súa vertiente social é importante”.

Dende aquí queremos agradecerlle á asociación SDCR Palestina que contase con nós para esta cita, ás asociacións Camiña, Aspanane e a Fundación de Discapacitados Psíquicos de A Mariña, coas que sempre é grato colaborar, o gran traballo que están a desenvolver e ós Concellos de Burela e Viveiro pola súa colaboración.

O vindeiro encontro terá lugar o próximo ano no municipio de Viveiro.

No hay comentarios: