viernes, 23 de mayo de 2008

Arreaocabo 08




Sábado 5 de Xullo no Parque de Lavandeiras de Celeiro (Lugo)
A partir das 20 horas. Entrada GRATUITA!!!
Organiza Colectivo Chilindrín

DEF CON DOS
http://www.defcondos.com/
http://www.myspace.com/defcondosdeverdad

KOMA
http://www.koma-grupo.com
http://www.myspace.com/grupokoma

SKACHA
http://skacha.bitacoras.com/
http://www.myspace.com/skacha

SKAMA LA REDE
http://www.skamalarede.com/
http://www.myspace.com/184155033

RAIN IS ART
http://www.rainisart.com/
http://www.myspace.com/rainisart

ANGER SECOND
http://www.myspace.com/angersecond


Alí nos vemos!!!!

lunes, 19 de mayo de 2008

¡Qué boa festa!

O pasado sábado tivo lugar o I Encontro Chilindrín. Esta primeira xuntanza da xuventude celeirense consisteu nunha cea baile organizada no Restaurante Louzao con curiosos sorteos incluidos, na que reinou un moi bo ambiente e á que asistiron nada máis e nada menos que 164 mozos e mozas.

Esta primeira experiencia, da cal “a priori” descoñeciamos que resposta puidese ter, resultou en termos xerais moi gratificante e dende logo que nos animou a poder repetila no futuro.

Un saúdo e moitas grazas.

viernes, 9 de mayo de 2008

I Encontro Chilindrín (II)

Moi boas, queremos recordar que mañá vence o prazo para adquirir as tarxetas desta primeira xuntanza da xuventude chilindrina. Quén aínda non a adquirise xa sabe :)


I Encontro Chilindrín
Xuntanza da Xuventude de Celeiro

Venres, 16 de Maio de 2008 a partir das 23 horas.
Cea no Restaurante Louzao (Area)
Prezo: 35 euros

As tarxetas pódense adquirir no Bar Rolindes ou nos teléfonos 645690190 (Tuan), 660402283 (Darío) ou no 651580053 (Bernardo).

Un saúdo!

lunes, 5 de mayo de 2008

I Encontro Chilindrín

I Encontro Chilindrín
Xuntanza da Xuventude de Celeiro

Venres, 16 de Maio de 2008 a partir das 23 horas.
Cea no Restaurante Louzao (Area)
Prezo: 35 euros

Recordade que o prazo para adquirir as tarxetas vence o Sábado 10 de Maio, unha vez finalizado non se venderá ningunha. Pódense adquirir no Bar Rolindes ou nos teléfonos 645690190 (Tuan), 660402283 (Darío) ou no 651580053 (Bernardo).

Un saúdo!

domingo, 4 de mayo de 2008

Convivencia social e deportiva

O deporte foi o nexo de unión dunha convivencia social que promoveron as asociacións S.C.D.R. Palestina de Burela, e Colectivo Chilindrín de Celeiro, auspiciado por ambos Concellos e coa Fundación de Discapacitados Psíquicos de A Mariña e as asociacións Camiña e Aspanane, e que se celebrou o pasado sábado 3 de Maio.

Esta iniciativa xurdeu tralo éxito das desarrolladas con anterioridade nos últimos anos coa Fundación de Discapacitados da Mariña. Como ben explica o compañeiro “palestino” Tontxo Trilles “dende o primeiro ano quedamos alucinados cos rapaces, foi como unha cura de humildade, unha lección de compañerismo”.

O programa comezou cun partido de fútbol sala ás 12 do mediodía, seguido dun almorzó nun restaurante de Burela, para logo visitar as instalacións da fundación e despois o centenar de visitantes á xornada quedar invitados a ver o partido que ese día xogaba o Burela FS contra o Ibiza.

A unión da vertente social e deportiva da iniciativa foi destacada por Neves Cando, incidindo na doble vertente: “Combinar o gusto polo fútbol sala e fomentar a afición, por unha banda; e por outro lado que poidan ver o traballo que desenvolve a asociación na súa vertiente social é importante”.

Dende aquí queremos agradecerlle á asociación SDCR Palestina que contase con nós para esta cita, ás asociacións Camiña, Aspanane e a Fundación de Discapacitados Psíquicos de A Mariña, coas que sempre é grato colaborar, o gran traballo que están a desenvolver e ós Concellos de Burela e Viveiro pola súa colaboración.

O vindeiro encontro terá lugar o próximo ano no municipio de Viveiro.